chantar

chantar

(< lat plantāre)

  1. v t
    1. Introducir un obxecto aguzado nun corpo ou nunha superficie.

      Ex: Xa lle chantara o coitelo ó porco cando de súpeto botou a correr. Chantou os dentes na mazá e arrincou un anaco.

      Sinónimos: cravar, espetar.
    2. Introducir involuntariamente un obxecto aguzado nalgunha parte do corpo.

      Ex: Chantou a agulla no dedo cando estaba a coser o pantalón.

      Sinónimos: cravar, espichar.
  2. v t

    Atravesar un corpo cun obxecto aguzado de xeito que quede introducido nel.

    Ex: Chantas o polo no espeto e mételo no forno a lume forte.

    Sinónimos: cravar, espetar, espichar.
  3. v t

    Afundir algo nunha superficie branda.

    Ex: Non chantes os pés na lama por se logo non os quitas.

    Sinónimos: cravar, espetar.
  4. v t

    Cercar algún lugar con chantos.

    Ex: Chantou a leira para que ninguén pasase.

  5. v t

    Plantar unha póla verde ou estaca na terra para que prenda.

    Ex: Da póla que chantei saíu unha fermosa roseira.

    Sinónimos: espichar.
  6. v t

    Dicir algo a alguén de forma súpeta e con intención ferinte.

    Ex: Chanteille catro verdades e quedou coa boca aberta.

    Sinónimos: espetar, estampar.
  7. v t

    Botar a alguén dun sitio.

    Ex: Como volvas facer iso, chántote fóra inmediatamente.

    Sinónimos: espetar.
  8. v t

    Baterlle a alguén.

    Ex: Chantoume catro labazadas e non puiden facer nada.

  9. v t

    Deixar algo fixo nun sitio.

    Ex: Chantoume estes paquetes no medio da sala e marchou sen dicir nada.

    Sinónimos: espetar.
  10. v pron
    1. Introducirse involuntariamente un obxecto aguzado nun corpo ou nunha superficie.

      Ex: As tesoiras caeron e chantáronseme nun pé.

    2. Bater involuntariamente algo ou alguén contra un obxecto aguzado e quedar cravado nel.

      Ex: O lobo chantouse nun cepo que había no medio do toxo.

  11. v pron

    Afundirse algo nunha superficie branda.

    Ex: Na praia as rodas da bicicleta chántanse na area e non se pode avanzar.

  12. v pron

    Quedar fixo nun lugar.

    Ex: O tipo chantóuseme diante e non houbo forma de sacalo do medio.

    Sinónimos: espetar.

Palabras veciñas

chantadino -na | chantado -da | chantal | chantar | 1 chantaxe | 2 chantaxe | chantaxear
Conxugar
VERBO chantar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chanto
chantas
chanta
chantamos
chantades
chantan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantaba
chantabas
chantaba
chantabamos
chantabades
chantaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantei
chantaches
chantou
chantamos
chantastes
chantaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantara
chantaras
chantara
chantaramos
chantarades
chantaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantarei
chantarás
chantará
chantaremos
chantaredes
chantarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantaría
chantarías
chantaría
chantariamos
chantariades
chantarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chante
chantes
chante
chantemos
chantedes
chanten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantase
chantases
chantase
chantasemos
chantasedes
chantasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantar
chantares
chantar
chantarmos
chantardes
chantaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
chanta
-
-
chantade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chantar
chantares
chantar
chantarmos
chantardes
chantaren
Xerundio chantando
Participio chantado
chantada
chantados
chantadas