2 chantaxe
(
-
s
f
[PLANTA]
Herbácea con follas lanceoladas ou lineares, de nerviación paralela e dispostas en mouta basal, pertencente ao xénero Plantago ou Alisma.
-
s
f
[PLANTA]
Herbácea do xénero Plantago que presenta as follas principalmente na base, flores hermafroditas, pequenas e tetrámeras, dispostas en espigas pedunculadas. Os froitos son cápsulas que se abren transversalmente. Nas especies que viven en medios ocasionalmente inundados, as sementes presentan substancias viscosas que lles serven para fixarse ao substrato. En Galicia están presentes as especies: P. coronopus, que tamén recibe o nome de estrela de mar, e que se caracteriza por ter follas lanceoladas e pinnatífidas de ata 20 cm de lonxitude, co tubo da corola piloso, propia de lugares secos e areosos; P. lanceolata, perenne, con varias plantas xuntas, de follas lanceoladas con cinco nervios como máximo e de ata 30 cm de lonxitude, común en prados e matogueiras; P. major, de follas ovadas de entre cinco e nove nervios e de ata 30 cm de lonxitude, que son propias de camiños e campos de cultivo; e P. maritima, de follas enteiras e carnosas de ata 25 cm de lonxitude, cunha raiceira leñosa e co tubo da corola piloso, que aparece en marismas, praias do litoral e en ambientes salinos interiores. As follas das chantaxes empréganse en medicina popular como astrinxente.
-
chantaxe acuática
[PLANTA]
Herbácea perenne de ata 1 m de altura, con follas basais e lanceoladas, de nervios paralelos que acadan os 30 cm de lonxitude. Poden disporse ergueitas ou boiantes sobre a auga. Presentan flores hermafroditas e trímeras de 1 cm de diámetro, con pétalos brancos ou rosáceos nos extremos das ramificacións do seu longo talo, que constitúen unha inflorescencia en panícula. Posúe froitos en aquenios de ata 3 mm de longo. Está presente nas beiras de masas de auga doce de toda Galicia.