1 chantaxe

1 chantaxe

(

  1. s f

    Procedemento delitivo para conseguir diñeiro ou outro beneficio dunha persoa a cambio de non revelar información comprometedora sobre ela.

    Ex: Intentaron facerme chantaxe, pero non encontraron nada escandaloso na miña vida.

    Confrontacións: extorsión.
  2. s f

    Acción de ameazar ou manipular os sentimentos de alguén para obrigalo a facer algo.

    Ex: A parella acabou rompendo porque ela xa non soportaba a chantaxe emocional do home.

Palabras veciñas

chantado -da | chantal | chantar | 1 chantaxe | 2 chantaxe | chantaxear | chantaxista