agonía

agonía
  1. s f [PAT]

    Período de transición entre a vida e a morte, que aparece na fase final de moitas enfermidades e na que subsisten as funcións vexetativas aínda que desaparecen as intelectuais.

    Ex: Despois do período de agonía, faleceu finalmente.

    Confrontacións: decadencia, fin, fin.
  2. s f

    Forte sufrimento físico ou moral.

    Ex: Trala morte do neno, teño unha agonía que non ma quita ninguén.

    Sinónimos: angustia. Confrontacións: amargura, desacougo, dor, mágoa.
  3. s f

    Período final, xeralmente marcado pola decadencia, dun proceso histórico, dun acontecemento social, dun elemento, etc.

    Ex: A agonía do Imperio Romano de occidente comezou no século III d C.

    Sinónimos: decadencia, fin, fin.

Palabras veciñas

agonal | agonfo -fa | agonfose | agonía | agoniado -da | agoniante | agoniar