2 agostiño -ña
(
-
[RELIX]
-
Relativo ou pertencente a santo Agostiño.
Ex: Estas son palabras agostiñas.
-
Relativo ao agostinismo, conxunto das doutrinas filosóficas influídas pola obra de Agostiño.
Ex: É un seguidor acérrimo da filosofía agostiña.
-
adx
Relativo ou pertencente aos agostiños.
Ex: Ese monxe pertence á orde agostiña.
-
-
[RELIX]
-
agostiño descalzo
Membro dunha orde relixiosa xurdida a partir da reforma iniciada por Andrés Díaz no convento da Madonna dell’Oliva, de Nápoles, no ano 1592; o Papa Clemente VII autorizou, no ano 1599, que recibisen novicios. Orde independente dende o ano 1912, une a vida contemplativa coa activa.
-
cóengo regular agostiño
Membro dunha orde relixiosa xurdida como reforma dos cóengos, en tempos da reforma gregoriana, que recibiu o seu estatuto canónico de mans do Papa Urbano II (1088-1099), e que recollía as experiencias dos monxes de San Rufo de Aviñón, fundados no 1309. As principais congregacións medievais foron a do Santísimo Salvador de Letrán, a de san Rufo de Aviñón, a do Santo Sepulcro, a de san Víctor (1110), preto de París, a dos xilbertinos de Inglaterra (1189), a de san Mauricio de Agaune, en Suíza (1124), a de San Bernardo de Menton, nos Alpes (1081), a de Marbach (1094), a de san Eloi de León, que no 1170 se incorporou aos cabaleiros de Santiago, a de Windesheim (1387). Actualmente, destas congregacións confederadas no ano 1959, quedan a do Santísimo Salvador de Letrán, a de san Mauricio de Agaune, a de San Bernardo de Menton, a de Windesheim, e a da Inmaculada Concepción, fundada no 1866. De moitas destas ramas quedan hoxe as congregacións, tamén federadas, de santo Agostiño, do Santo Sepulcro, de san Víctor, de Windesheim-Letrán, dos Hospitalarios da Misericordia (Francia) e a congregación do Santo Espírito de Saxonia (Polonia).
-
ermitán agostiño ou de santo Agostiño
Membro da orde mendicante creada polo Papa Alexandre IV (1256). Xurdiu do agrupamento nunha soa institución de diversos grupos de ermitáns que escolleron a Regra de santo Agostiño en oposición á regra, máis contemplativa, de san Bieito.
-
ermitán agostiño reformado
Membro dunha orde relixiosa xurdida como reforma da congregación dos ermitáns de santo Agostiño, na Provincia de Castela, presidida entón por frei Luís de León (1537-1591). Os primeiros conventos femininos desta rama reformada foron fundados en Madrid (1589) e en Eibar (1603). A petición de Filipe III de España, a orde dedicou atención especial ás misións no Extremo Oriente. A desamortización do 1835 provocou a súa case total desaparición en España. Restaurada no 1912 por Pío X, que lles concede o estatuto de orde totalmente independente dos ermitáns de santo Agostiño.
-
adx e s
Membro dunha das diversas ordes e congregacións relixiosas xurdidas da espiritualidade agostiña. Santo Agostiño estableceu unha comunidade de clérigos para o que escribiu unha regra monástica que, xuntamente cos sermóns De vita et moribus clericorum e as Enarrationes super psalmum 132, forman os documentos que alicerzan o ideal monástico. Tamén dirixiu un grupo de mulleres que vivían comunitariamente coa súa irmá. Malia que non existe unha orde que prolongue as anteditas comunidades de Tagaste e Hipona, son numerosas as institucións relixiosas que se alicerzan nas directrices espirituais de santo Agostiño, das que cómpre salientar as familias relixiosas da chamada Orde de santo Agostiño e os institutos que se inspiraron na chamada Regra de santo Agostiño.
-
agostiño da Asunción ou asuncionista
Membro dunha congregación relixiosa fundada en 1845 polo pai de Alzon, e dedicada especialmente ao ensino e á publicación, entre outras, do diario La Croix de París.
-
agostiño descalzo