Airiños

Airiños

Grupo de teatro afeccionado creado en Asados (Rianxo) en 1933. Dende a súa posta en funcionamento mantivo unha liña permanente de traballo, que nos últimos anos se diversificou coa creación de obradoiros de teatro para nenos. No seu repertorio poden atoparse espectáculos creados a partir dos títulos máis significativos do Movemento Dramático Rexional, con pezas de Xabier Prado Lameiro, Manuel Sánchez Hermida, Euxenio Charlón Arias, e do Movemento Dramático Nacional, con textos de Leandro Carré, Rafael Dieste e Daniel Castelao. O grupo de teatro Airiños, promovido nos seus inicios por mestres como Xosé Losada Castelao e Manuel Insua Castelao, constitúe unha mostra da importancia do teatro como práctica cultural comunitaria e da crecente significación da animación teatral.

Palabras veciñas

Aires do Miño | Aires d’a Terra | airexa | Airiños | Airiños | Airiños | Airiños