Alas, De Las

Alas, De Las
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe asturiana orixinaria de Avilés. A esta caste pertenceu Suero de las Alas, segundo alguacil maior da Real Audiencia de Galicia do que descenden os Alas de Cudeiro, e da Pereiriña, entre outros. As súas armas levan, en campo de goles, unhas ás de águia de prata; bordo do mesmo metal, con cinco armiños de sable.

Palabras veciñas

Alaró | Alás | Alas y Ureña, Leopoldo | Alas, De Las | alasar | Alasca | Alasca, golfo de