alfaquí

alfaquí

(< ár al-faqīh ‘o xuriconsulto’)

s m [RELIX]

Intérprete e definidor do fiqh ou dereito canónico musulmán. Nos primeiros tempos do Islam, os alfaquís, denominados mu ǧ tahid, decidiron as cuestións do dereito baseándose na xara ou lei do Alcorán e na suna ou tradición. Os casos non previstos nestas dúas fontes resolveranse por medio do razoamento (ra’y), o consentemento da comunidade (i ǧ mã) e a casuística (qiyãs). Aceptada a obra dos fundadores das catro escolas ortodoxas do Islam (hanbalita, xafeïta, hanafita, malikita), as disposicións comúns eran obrigatorias para todos os musulmáns, mentres que os privativos de cada escola habían de ser aceptadas polos seus seguidores. A partir do s XIX un grupo de alfaquís reformistas, encabezados polo muftí Mu ḥ ammad‘Abduh decidiron que había que volver ás fontes directas para chegar a novas solucións.

Palabras veciñas

alfanumérico -ca | alfanxe | alfaque | alfaquí | alfar | Alfar | Alfara del Patriarca