alfarda

alfarda

(<ár al-farḋa ‘a obriga, a contribución’)

  1. s f [ECON/DER]
    1. En Castela, tributo que pagaban os musulmáns e os xudeus en terra de cristiáns.

    2. En Aragón, tributo ou exención polo uso das augas de regadío. O foro aragonés De Alfardis non permitía que ninguén fose eximido, e permitía embargar os bens dos que se negaban o pagamento do tributo.

      Sinónimos: alfardón.
  2. s f [INDUM]

    Especie de touca de tea rica usada polas mulleres na Idade Media.

Palabras veciñas

alfar | Alfar | Alfara del Patriarca | alfarda | alfardón | alfareme | Alfares