Alfredo Brañas, Fundación
Entidade fundada o 24 de agosto de 1983 por Xosé Filgueira Valverde, Manuel Fraga, Felipe Fernández Armesto, Luís Moure Mariño, Manuel Chamoso Lamas e Manuel Varela Rey, entre outros. Foron os seus presidentes, Filgueira Valverde (1983-1985), Carlos Otero Díaz (1985-1990) e Francisco Puy Muñoz (1990). Entre as súas finalidades destacan a promoción e desenvolvemento de estudios e investigacións sobre temas sociais, especialmente, aqueles que teñen relación con Galicia e que se publican en diferentes coleccións. Estas coleccións divídense en Administración, Antropoloxía, Arte, Ciencia, Comunicación, Dereito, Economía, Educación, Europa, Historia, Igrexa, Informática e Letras, entre outras. Amais diso, organizan cursos de verán, encontros, xuntanzas e conferencias con fins didácticos. Para a súa realización colaboran con entidades de aforro e coas distintas administracións públicas.