alzado -da

alzado -da

(< lat *altiāre, dealtus)

  1. p reg

    de alzar.

  2. adx

    Aplícase á persoa que se subleva ou rebela.

    Ex: Os militares alzados tomaron a casa do concello polas armas.

  3. adx

    Que sobresae dunha superficie.

  4. adx

    Elevado a un nivel superior.

  5. s f

    Acción e efecto de alzar.

  6. s f
    1. Altura que acadan certos animais, especialmente os equinos.

      Ex: A alzada que ten o cabalo negro impresionou os presentes.

    2. Altura, especialmente dun home ou dunha besta.

      Ex: O seu fillo máis vello ten unha alzada que case chega ós dous metros.

  7. s f

    Lugar máis alto dun monte onde se leva o gando no verán a pastar.

    Ex: Se queres falar con ela está na alzada coas ovellas.

  8. s m [ARQUIT]

    Deseño da fachada dun edificio, da súa proxección xeométrica ou vertical. Plano vertical dun edificio no que non se ten en conta perspectiva ningunha.

    Ex: Realizaron o alzado dese edificio cun novo programa informático.

  9. s f [DER/ADM]

    Denominación antiga do recurso ordinario.

    Sinónimos: recurso.
  10. s m [ECON]

    Prezo que se fixa nunha cantidade determinada por adiantado.

  11. s m [GRÁF]

    Acción de xuntar, pola orde de sinaturas, os cadernos e os pregos dunha obra impresa, co gallo de formar os seus exemplares e realizar a encadernación.

    Ex: Temos que rematar o alzado dese libro para logo pasar ó teu.

  12. adx [HERÁLD]

    Peza ou parte dunha peza que está a máis altura da que lle corresponde.

  13. s m [MAT]

    Proxección ortogonal dunha figura ou corpo sobre o plano vertical dun sistema de dous planos, onde o outro é horizontal. É un dos sistemas de representación máis empregados en debuxo técnico.