alzamento
(< alzar)
-
s
m
Acción de alzar ou alzarse.
Ex: Cun bo alzamento chegas ben para coller o libro.
-
s
m
Acción de alzarse ou levantarse en rebelión.
Ex: O alzamento militar en Namibia provocou cen mortos.
Sinónimos: insurrección, pronunciamento. Confrontacións: insubordinación, levantamento, rebelión. -
s
m
Acción ou efecto de poxar.
Ex: Despois de trinta alzamentos o valor da peza multiplicárase por tres.
-
s
m
[CAZA]
Conxunto de animais de caza que foron axotados do tobo, acubillo ou niño.
-
alzamento de bens
[DER]
Provocación voluntaria dunha situación de insolvencia económica coa finalidade de prexudicar os acredores. Constitúe delito e pode ser cometido mediante a fuxida do deudor cos seus bens, a simple ocultación ou desaparición do seu patrimonio, a realización de vendas simuladas ou fraudulentas, a asunción de débedas e accións semellantes. Pode afectar nada máis que a unha parte do patrimonio.