aminación
aminación
(
s
f
[QUÍM]
Introdución dunha función amina nunha molécula orgánica por desprazamento doutro grupo funcional. O método principal de aminación é a acción do amoníaco sobre os derivados haloxenados e sobre os nitroderivados, os alcois e fenois e os ácidos sulfónicos. A aminación en serie aromática é unha operación importante na preparación de intermediarios para a síntese de colorantes.