análogo -ga

análogo -ga

(< lat analŏgus < gr ἀνάλογος)

  1. adx

    Que se semella ou parece a outra cousa.

    Ex: Os problemas son análogos, de feito, resólvense do mesmo xeito.

    Sinónimos: semellante, similar. Antónimos: diferente.
  2. adx [BIOL]

    Órganos ou estruturas que presentan analoxía.

  3. adx [FÍS]

    Nos corpos piroeléctricos, polo que se carga positivamente cando sobe a temperatura e, negativamente, cando baixa.

  4. [FILOS]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á analoxía, baseado na analoxía.

    2. termo análogo

      Termo que ten a mesma relación con outro, idéntico á relación que ten un terceiro cun cuarto.

  5. solos análogos [XEOL]

    Solos que, malia seren diferentes nas súas propiedades, son capaces de soster aproximadamente un mesmo tipo de vexetación.

Palabras veciñas

analizable | analizador -ra | analizar | análogo -ga | analos | analoxía | analóxico -ca