analóxico -ca

analóxico -ca

(< gr ἀναλογικός)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á analoxía.

    2. Fundado ou baseado na analoxía.

  2. adx [INFORM/COMUN]

    Dise dun sistema de comunicación no que a información que transporta está representada por un valor que pode variar de xeito continuo; é o caso dunha parte das liñas telefónicas.

    Antónimos: dixital.
  3. adx [INFORM/COMUN]

    Aplícase á información presentada de xeito secuencial e continuo.

  4. sistemas analóxicos [INFORM]

    Relativo aos sistemas de transmisión ou tratamento da información que utilizan modelos baseados na analoxía. Son exemplos disto o cálculo e as calculadoras que utilizan como fundamento a substitución de propiedades reais do obxecto de cálculo por propiedades semellantes ou análogas dos elementos da calculadora ( calculadora analóxica).

Palabras veciñas

análogo -ga | analos | analoxía | analóxico -ca | analoxismo | analoxista | analxesia