ánima

ánima

(< lat anĭma 'aire, alento' < gr ἄνεμος 'sopro')

  1. s f
    1. Parte moral e emocional do home, en contraposición á parte intelectiva.

      Sinónimos: alma, alma.
    2. A ánima considerada como entidade separada do corpo despois da morte.

      Ex: As ánimas dos defuntos visitan os vivos.

      Sinónimos: alma, alma.
  2. ánimas benditas/ánima en pena

    Ánima que padece no Purgatorio e que se aparece entre os vivos.

  3. peto de ánimas

    peto de ánimas.

  4. toque de ánimas

    Toque de campá que invita á oración polos defuntos.

Frases feitas

  • A iso das ánimas. Á noitiña.

  • Exhalar a ánima. Morrer.

  • Non lle deu polas ánimas. Emprégase para refirse ao que está doente ou convalecente.

  • Polas ánimas. Expresión que se utiliza para pedir algo polo que se ten moito interese.

  • Vaia polas ánimas. Forma de agradecemento.

Palabras veciñas

anilismo | anilla | anilo | ánima | Ánima | Ánima | Ánima + L