Ánima + L

Ánima + L
[PUBLIC]

Revista nada en febreiro de 1991 e promovida por Edicións Positivas de Santiago. Rematou a súa edición no inverno de 1992. O seu director foi Xelís de Toro e o subdirector, Francisco Macías. O deseño gráfico era de Fausto C. Isorna. A fotografía da portada foi obra de Manuel Vilariño e na contraportada aparecía un debuxo de Álvaro de la Vega. Incluía estudios sobre Cunqueiro e Fole, entrevistas a Antón Reixa e Os Diplomáticos, reportaxes culturais, páxinas de cómic, fotografías de Pero Lobo, Tino Viz e Vari Caramés, teatro, con entrevistas aos grupos Chévere, Moucho Clerc e Matarile, e crítica musical. Xunto a isto, traballos literarios de Manuel Guede, Camilo Franco, Manuel Outeiriño e R. Caride Ogando.

Palabras veciñas

ánima | Ánima | Ánima | Ánima + L | animable | animación | animado -da