año -ña

año -ña

(

  1. s

    Cría da ovella ata a idade dun ano.

    Sinónimos: roxelo.
  2. s [ALIM]

    A carne de año sempre gozou de gran reputación pola súa calidade e sabor, que depende dos pastos, da raza e da idade que ten cando se sacrifica, preferíndose os animais máis novos. Ata non hai moito, esta carne era a máis consumida, pois a provisión de carne de porco estaba afectada pola estacionalidade (só nos meses da matanza) e os animais vacúns só se sacrificaban ocasionalmente. En Galicia consómese, sobre todo, guisado no forno, acompañado de chícharos e patacas; é costume que, nalgunhas comarcas, se estree a temporada do año por san Xosé. É un dos pratos máis tradicionais na celebración de festas en Galicia.

  3. [RELIX]
    1. año de Deus

      Expresión aplicada por Xoán o Bautista a Xesucristo na súa calidade de víctima inocente.

    2. año pascual

      No Xudaísmo, año sacrificado o día de Pascua en memoria da liberación do pobo xudeu da súa escravitude no Exipto.

  4. s [HERÁLD]

    Figura dun año, xeralmente representada pasante.

Palabras veciñas

1 ano | 1 ano | 2 ano | año -ña | Año Místico, O | Año Nuevo | Ano Xeofísico Internacional