Año Místico, O

Año Místico, O

Políptico que consta de 24 plafóns de madeira pintados ao óleo entre 1426 e 1432 por Jan Van Eyck; mide 370 x 495 cm e consérvase no Sint Baafs de Gante. É a primeira obra de gran formato da Escola Flamenga. O autor puxo ao servizo dunha idea teolóxica certo realismo e unha técnica moi notable no tratamento de efectos lumínicos e da perspectiva aérea.

Palabras veciñas

1 ano | 2 ano | año -ña | Año Místico, O | Año Nuevo | Ano Xeofísico Internacional | ano-