arancel
(< alancel)
-
s
m
[DER/ECON]
-
Imposto que pagan os bens importados a un estado e, nalgúns casos, certos bens exportados.
Ex: A Unión Europea impón os seus propios aranceis ós países de fóra.
-
Documento, aprobado xeralmente por unha lei, no que se sinalan as mercadorías, agrupadas en capítulos e seccións, e o imposto que se debe aplicar a cada unha para o comercio exterior.
-
Forma de retribución dalgunhas funcións públicas ou semipúblicas, como as dos notarios, rexistradores da propiedade, procuradores de tribunais e outros.
-
-
arancel exterior común da Unión Europea
Elenco dos dereitos de aduana á importación de terceiros estados á Unión Europea. É idéntico para todos os estados membros da comunidade e, no momento da súa implantación (1968), non era superior á media aritmética dos aranceis vixentes dos estados membros.