Araújo Piel

Araújo Piel

Empresa peleteira fundada na década de 1970 por Herminio Araújo. Nun segundo período experimenta un crecemento, constituíndose en sociedade anónima no 1985, momento no que se construíu o complexo que posúe a empresa en San Cibrao das Viñas (Ourense). Conta con 9 tendas e un centro comercial propios e abastece todo tipo de provedores. Entre os galardóns que lle foron concedidos destacan varios Premios de Calidade.