Arias Dávila, Pedro ou Pedrarias Dávila

Arias Dávila, Pedro ou Pedrarias Dávila

(Segovia 1440? - León, Nicaragua 1531) Conquistador castelán. Participou nas Guerras de Granada (1481-1492) e África (1508-1511). Gobernador de Terra Firme ou Castela do Ouro (1513), substituíu a Vasco Núñez de Balboa, ao que fixo decapitar no 1517. Foi un activo explorador de todo o Darién, Panamá e Nicaragua, caracterizado polo seu despotismo e crueldade.