armario

armario

(< lat armariu)

  1. [DEC]
    1. s m

      Moble alto con portas que contén dentro colgadoiros, caixóns e estantes para a colocación de roupa, zapatos, mantas e outros obxectos.

      Confrontacións: gardarroupa.
    2. armario con alzadeiras

      Armario que ten engadido na parte superior un suplemento para gardar alí obxectos de pouco uso.

    3. armario de canto

      Armario que pola súa forma triangular se adapta a un canto do cuarto.

    4. armario de espello

      Armario que ten un grande espello na parte exterior da porta.

    5. armario de obra/de parede/ encaixado p ext

      Oco practicado nunha parede ou no espesor dun muro con marco e portas, destinado aos mesmos usos ca o moble.

    6. armario percheiro

      Armario que posúe unha serie de barras horizontais que permiten a colocación de numerosas perchas.

    7. armario roupeiro

      Armario destinado a gardar nel a roupa de uso persoal.

  2. s m pl [INFORM]

    Elemento dunha memoria de cinta ou disco que contén os mecanismos de accionamento, os cabezais de lectura e rexistro e, ás veces, outros aparatos tales coma unidades de control, adaptadores, etc; especialmente se ocupan un mesmo moble ou un elemento do moble (caixón de disco).

  3. armario de secado [IND/ARTE]

    Armario para secar as películas despois do procesado, no que un ventilador fai circular o aire no seu interior.