armario
(< lat armariu)
-
[DEC]
-
s
m
Moble alto con portas que contén dentro colgadoiros, caixóns e estantes para a colocación de roupa, zapatos, mantas e outros obxectos.
Confrontacións: gardarroupa. -
armario con alzadeiras
Armario que ten engadido na parte superior un suplemento para gardar alí obxectos de pouco uso.
-
armario de canto
Armario que pola súa forma triangular se adapta a un canto do cuarto.
-
armario de espello
Armario que ten un grande espello na parte exterior da porta.
-
armario de obra/de parede/ encaixado p ext
Oco practicado nunha parede ou no espesor dun muro con marco e portas, destinado aos mesmos usos ca o moble.
-
armario percheiro
Armario que posúe unha serie de barras horizontais que permiten a colocación de numerosas perchas.
-
armario roupeiro
Armario destinado a gardar nel a roupa de uso persoal.
-
s
m
-
s
m pl
[INFORM]
Elemento dunha memoria de cinta ou disco que contén os mecanismos de accionamento, os cabezais de lectura e rexistro e, ás veces, outros aparatos tales coma unidades de control, adaptadores, etc; especialmente se ocupan un mesmo moble ou un elemento do moble (caixón de disco).
-
armario de secado
[IND/ARTE]
Armario para secar as películas despois do procesado, no que un ventilador fai circular o aire no seu interior.