armar

armar

(

  1. Antónimos: desarmar.
    1. v t

      Fornecer algo ou a alguén de armas ofensivas ou defensivas.

      Ex: Antes de que se produza o ataque, debemos armar a tropa de fusís.

      Antónimos: desarmar.
    2. v pron

      Proverse de calquera utensilio para usalo como arma.

      Ex: Cando nos intentaron roubar, armámonos cos paos que atopamos no camiño.

  2. v t

    Cargar unha arma.

    Ex: Armou o rifle e disparou aínda que non puido alcanzar o branco.

    1. v t

      Poñer en armas, preparar para a guerra.

      Ex: Armaron oitenta homes ben pertrechados para o combate corpo a corpo.

    2. v pron

      Tomar armas, prepararse para a batalla.

      Ex: Todo o mundo se armou para defender a vila contra o inimigo.

  3. v t [MAR]

    Abastecer especialmente un barco de todo o que é necesario.

    Confrontacións: equipar, prover.
  4. v t

    Unir as diferentes pezas das que se compón un obxeto ou un aparato e poñelo en disposición de funcionar.

    Ex: Armei unha librería co meu irmán Alex nunha mañá.

    Sinónimos: montar. Antónimos: desarmar. Confrontacións: ensamblar.
  5. v t

    Facer unha trampa para animais.

    Ex: Todo o mundo se ría de nós por querermos cazar o xabarín armando unha trampa, pero ó final conseguímolo.

  6. v t

    Planear unha intriga contra alguén.

    Ex: Non son moi amigas e ármanse enredos entre si.

    Sinónimos: argallar.
  7. v t

    Dar orixe a algunha cousa.

    Ex: Armaron rebumbio e a policía obrigoulles a pechar o local.

    Sinónimos: organizar, formar, montar.
  8. v t

    Prover a alguén do que precisa.

    Ex: Cando casaron o pai del armoulles a casa.

  9. v i

    Semellar cara ou boa unha cousa pola súa aparencia.

    Ex: Meteu un trasto no escaparate tan ben postiño que armaba.

  10. v pron

    Ter lugar, especialmente un lío, un alboroto ou unha pelexa.

    Ex: Berroulle ó camioneiro e armouse unha liorta. Tropezou con el e xa se armou.

  11. v pron

    Disporse para afrontar algunha cousa.

    Ex: Para elaborar unha enciclopedia hai que armarse de paciencia. Para ser soldado hai que armarse de coraxe.

  12. v t [CONSTR]

    Colocar a armazón de ferro dun elemento de formigón armado.

  13. v t [PESCA]

    Acción de unir os diversos panos de rede compoñendo un tecido ou unha arte de pesca a partir de diferentes pezas que deben ser conxuntadas e entrelazadas debidamente. Realizada por empregados experimentados, a causa da súa complexidade e da responsabilidade que implica manexar este útil de traballo, ten un valor moi elevado no mundo da pesca tradicional.

  14. armar cabaleiro [HIST]

    Cerimonia pola que un aspirante era nomeado cabaleiro, e que consistía esencialmente no cinguimento da espada ao neófito polo padriño e no golpe que este coa palma da man lle daba na caluga ou na meixela. A cerimonia, característica da estrutura feudal franca da Alta Idade Media aparece mencionada desde a segunda metade do s XI. No s XIII chegouse á plenitude do cerimonial.

Frases feitas

  • Armala axiña. Idear argalladas rapidamente.

  • Armar a pasma. Estar pasmando.

  • Armar ao melro. Buscar o perigo.

  • Armar ao merlo/ pancho. Meterse en problemas.

  • Armar batifondo. Facer ruído.

  • Armar un baturrillo. Facer un rebumbio, unha lea.

  • Armar unha tramoiada. Argallar algo.

  • Armarlla con queixo a alguén. Atraer alguén con enganos.

  • Armarlle a gaiola a alguén. Poñerlle unha trampa.

  • Armarse de valor. Facerse forte.

  • Armarse o trono. Haber síntomas de tormenta.

  • Armarse unha rebodaina. Formarse un gran rebumbio.

Palabras veciñas

Armando | armante | Armanyà i Font, Francesc | armar | armario | Armariz | Armariz
Conxugar
VERBO armar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
armo
armas
arma
armamos
armades
arman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
armaba
armabas
armaba
armabamos
armabades
armaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
armei
armaches
armou
armamos
armastes
armaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
armara
armaras
armara
armaramos
armarades
armaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
armarei
armarás
armará
armaremos
armaredes
armarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
armaría
armarías
armaría
armariamos
armariades
armarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arme
armes
arme
armemos
armedes
armen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
armase
armases
armase
armasemos
armasedes
armasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
armar
armares
armar
armarmos
armardes
armaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
arma
-
-
armade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
armar
armares
armar
armarmos
armardes
armaren
Xerundio armando
Participio armado
armada
armados
armadas