ARPA

ARPA
[INFORM]

A Axencia de Proxectos de Investigación Avanzada é o organismo do Departamento de Defensa dos EE UU no que se desenvolveu unha filosofía das telecomunicacións que rematou coa creación da rede Arpanet, antecedente da actual Internet. Esta filosofía baseábase na creación de múltiples centros de mando e de proceso de datos para que, se en caso de guerra desaparecese un, todos os outros seguisen tendo acceso á mesma información que antes. Evitaríanse así os problemas de ter un único centro de distribución de información.

Palabras veciñas

arova | Arp, Hans | arpa | ARPA | Árpád | 1 arpado -da | 2 arpado -da