ártico -ca

ártico -ca

(< lat artĭcu < gr ἀρτικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás terras Árticas ou ao Océano Ártico.

    Sinónimos: boreal.
  2. [BIOL/XEOG]
    1. adx

      Dise do elemento corolóxico propio da rexión ártica.

    2. rexión ártica

      Rexión bioxeográfica do reino holártico que comprende a totalidade das Terras Árticas. Considérase que pertencen a esta rexión os cumes das altas montañas holárticas como os Alpes, Pireneos, Cárpatos, Apeninos, etc, e recibe, por iso, o nome de rexión ártico-alpina.