ártico-alpino -na

ártico-alpino -na

(< ártico + alpino)

  1. adx [BIOL/XEOG]

    Relativo ou pertencente á rexión ou á disxunción ártico-alpina.

  2. adx [BIOL/XEOG]

    ártico.

  3. disxunción ártico-alpina [BIOL/XEOG]

    Disxunción característica das áreas de distribución de moitos organismos como a lebre polar, a pita de monte ou o cimbro, que viven só nas terras baixas da zona ártica e nas montañas do hemisferio boreal. En xeral, trátase de especies que tiveron unha grande expansión durante as glaciacións cuaternarias e que despois tiveron que retroceder cara ao norte e cara aos cumios das altas montañas.

  4. rexión ártico-alpina [BIOL/XEOG]

    Rexión ártica.

Palabras veciñas

Árticas, Terras | ártico -ca | Ártico, Océano | ártico-alpino -na | articulable | articulación | articulado -da