Ástrida

Ástrida
[ONOM]

Nome de muller que procede do xermánico nórdico Astrid, posiblemente composto de astr- ‘estrela, oriente, brillante’ e (f)ridh ‘belo, amado’, que evoca os nomes clásicos Asteria e Astrea; aínda que para outros investigadores, está formado por asa ‘divindade’ e trud ‘fidelidade’. A forma Ástrid, traída a Galicia fundamentalmente dende Alemaña, tense adaptado á fonética galega como Ástrida ou Ástride. Xa que logo, pódense incluír entre as variantes de Ástrida, as formas Ástride e Ástrid.

Palabras veciñas

Astrea | astreácea | Ástrid | Ástrida | Ástride | astrinxencia | astrinxente