astrinxente
(
-
adx
Que astrinxe os tecidos orgánicos.
-
s
m
[QUÍM/IND]
Nome xenérico dos produtos químicos de natureza orgánica e inorgánica que teñen a propiedade de contraer as capas superficiais da pel, coagulando as proteínas e dándolle ao mesmo tempo un medio protector superficial, como desinfectantes, para eliminar os microorganismos por coagulación das súas proteínas. Os sales de aluminio, de ferro, cromo, chumbo, mercurio, zinc e circonio, e o xofre, son astrinxentes de orixe mineral. Tamén son astrinxentes a tintura de benxuí, a infusión de ratania, os taninos, a resorcina e outros de orixe vexetal. O alcohol ao 40-60% produce unha suave astrinxencia. En cosmética, os astrinxentes forman parte da formulación de dentífricos, desodorizantes, po para diminuír a cor avermellada da cara, locións para cerrar os poros da pel, locións contra a acne, locións capilares tónicas, locións contra a caspa e produtos para despois do afeitado. En Medicina, empréganse como antiinflamatorios, aínda que moitos, en concentracións elevadas, actúan como cateréticos.