astrinxencia

astrinxencia

(

  1. s f

    Calidade de astrinxente.

    Ex: O arroz produce astrinxencia.

  2. s f [QUÍM/IND]

    Forza coa que os adobos, de calquera natureza, reaccionan coa pel. A astrinxencia determina a velocidade de fixación e a cantidade de adobo fixado sobre as peles. Un dos factores que máis inflúen na reactividade do coláxeno cos adobos é o pH; así, nos taninos vexetais, a astrinxencia é máis elevada en valores baixos de pH, mentres que a maior parte dos adobos minerais son máis astrinxentes a valores altos de pH. A temperatura determina en todos os casos un aumento de astrinxencia.

Palabras veciñas

Ástrid | Ástrida | Ástride | astrinxencia | astrinxente | astrinxir | astritivo -va