astronave

astronave

(< astro- + nave)

s f [AERON]

ehículo tripulado que se despraza polo espazo extraatmosférico e que se sitúa na órbita celeste. A astronave, a diferenza da aeronave, concíbese como un elemento que serve para desprazarse por un medio onde reina o baleiro case absoluto, e seguindo unha traxectoria que corresponde normalmente a unha cónica. As astronaves están propulsadas por foguetes que lles proporcionan unha velocidade suficiente para fuxir da atracción gravitatoria da Terra. Para aterrar nun astro desprovisto de atmosfera como a Lúa a astronave debe frear a velocidade mediante foguetes posteriores. De volta á Terra, fáiselle perder velocidade á astronave e o reingreso na atmosfera efectúase case tanxencialmente para que a freada sexa máis suave. O descenso final efectúase con paracaídas. O compartimento destinado á tripulación debe levar todos os servicios necesarios para obter un medio adecuado á vida dos astronautas durante os días que dure a súa misión. A lanzadeira espacial substituíu á astronave pola súa maior polivalencia.

Confrontacións

aeronave