avatar

avatar

(< sánscr avatara ‘descenso’)

  1. s m [PSIC]

    Cada unha das diferentes fases polas que vai pasando alguén ou algunha cousa ao longo dun proceso no que cambia de forma, opción, manifestación, opinión, partido, etc. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    Ex: Acadou a estabilidade sentimental despois de ter pasado por moitos avatares desagradables.

    Sinónimos: vicisitude. Confrontacións: altibaixos.
  2. s m [FILOS/MIT]

    Descenso dunha deidade á terra e posterior encarnación nun home ou nun animal. A doutrina das encarnacións periódicas dos deuses desenvolveuse, sobre todo, na doutrina do deus Vixnu. Nalgúns mitos sobre as orixes hindús, con máis de cinco mil anos de antigüidade, recóllese a idea do renacemento sobre a Terra dun avatar (‘descenso dun deus ao mundo dos homes’) en formas sucesivamente superiores (peixe, tartaruga, verrón, león, home salvaxe dos bosques, anano, o heroe Rama, o cabreiro Krixna e Buda, etc), feito que marca o final dun ciclo de destrución e o inicio dunha nova creación. Os hinduístas, que teñen unha concepción cíclica do tempo, cren que a serie de nove é cíclica ou igual en cada época, e que a humanidade foi creada e destruída en numerosas ocasións.

  3. s m [INFORM]
    1. Conexión cunha páxina de Internet que se realiza para participar en certos debates ou conversacións nas que se emprega tanto a voz como o texto escrito e, ás veces, mesmo xestos.

    2. Aqueles personaxes virtuais que interveñen nos encontros cibernéticos e as representacións interactivas dunha persoa nos escenarios de realidade virtual.

Palabras veciñas

avasalador -ra | avasalamento | avasalar | avatar | Avati, Pupi | avdp | 1 ave