Avia

Avia
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. Procede da base prerromana *ab ‘auga’. Como apelido xa se documenta no s XIII: “Alfonsos Aviae” (doc ano 1239 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 521).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe portuguesa que se estendeu por León e Galicia. Da rama galega derivou a aragonesa e ambas as dúas tiveron ilustres descendentes. As súas armas levan, en campo de azul, unha banda camponada de catro pezas, dúas de sable e dúas de ouro, engulida en cabezas de serpe, de ouro. Nos tratados heráldicos este apelido adoita aparecer coa variante gráfica Abia, debido á frecuente confusión gráfica entre b e v.

Palabras veciñas

AVI | Avià | Avia | Avia | Avia | Avia Ilustrado, El | Avia, Amalia