Avís
Avís
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe portuguesa que pasou a Galicia. Entre os escudos relacionados cos seus ascendentes, recóllese: en campo de prata, unha cruz vermella de Calatrava e bordo de prata, coas quinas de Portugal, dúas en cada flanco e unha en punta.