Avís

Avís

Nome da segunda dinastía portuguesa que reinou entre 1385 e 1580. Foi fundada por Xoán I (1385-1433), mestre de Avís. Os seus sucesores foron Duarte (1433-1438), Afonso V (1438-1481), Xoán II (1481-1495), Manuel I (1495-1521), Xoán III (1521-1557), Sebastián I (1557-1578) e o cardeal Enrique (1578-1580). Á súa morte Filipe II, neto de Manuel I por liña materna, foi proclamado Rei. Esta dinastía comezou a expansión marítima de Portugal.