Avisador, El

Avisador, El
[PUBLIC]

Xornal de tendencia liberal aparecido na Coruña en 1862, subtitulado “Diario independiente”. Fundado polos irmáns Ezequiel e Eladio Fernández de Miranda e por Gonzalo Brañas, antes de 1877 pasou a chamarse El Anunciador. Colaboraron nel moitos escritores de prestixio da época e, en 1864, publicou o folletín Contos da miña terra asinado por R. C.