Asociación Galega de Produtos con Indicativo de Calidade
Fundada en 1997 agrupa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Orujo de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, o Consello Regulador da Denominación Específica Mel de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo do Cebreiro, o Consello Regulador do Produto Galego de Calidade Mexillón de Galicia, o Consello Regulador da Denominación Específica Pataca de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo de San Simón, o Consello Regulador da Denominación Específica Lacón Gallego e o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica. Creouse co fin de aunar esforzos nas actuacións propias deste tipo de órganos, principalmente organizativas e promocionais.