atinxir

atinxir

(< lat attingĕre)

Nome científico: [v def]
  1. v t

    Conseguir coller ou tocar algunha cousa que está ao alcance.

    Ex: Pásame o pano que non o atinxo.

    Sinónimos: abranguer, acadar, alcanzar, atanguer, alcanzar.
  2. v t

    Lograr algo que se desexa ou ao que se aspira.

    Ex: Por fin atinxiu o ascenso que desexaba. Quería casar e xa o atinxiu.

    Sinónimos: abranguer, acadar, alcanzar, atanguer, alcanzar.
  3. v t

    Chegar ao punto no que se atopa alguén ou algunha cousa que vai por diante.

    Ex: Apureime un pouco para atinxilos antes de chegar á igrexa.

    Sinónimos: alcanzar, alcanzar.
  4. v t

    Chegar ata un determinado punto en algo.

    Ex: As accións atinxiron o seu máximo valor esta semana.

    Sinónimos: acadar, atanguer.
  5. v t

    Alcanzar o efecto dunha cousa ou esa cousa xunto co seu efecto un determinado sitio.

    Ex: O problema da pobreza atinxe todo o planeta.

  6. v t

    Afectar ou concernir algunha cousa a alguén ou a outra cousa.

    Ex: Que se sinta mal non a atinxe só a ela, porque vós tamén tedes culpa.

    Sinónimos: abarcar, abranguer, atanguer.
  7. v t

    Entender unha explicación, abarcala con intelixencia.

    Ex: Non atinxía a solución ó problema matemático.

  8. v i

    Ter incidencia algunha cousa sobre outra ou sobre alguén.

    Ex: Non quero que me atinxan os seus problemas.

    Sinónimos: afectar, atanguer, concernir, incumbir, tocar, concernir.

Palabras veciñas

atinente | atinxible | atinxido -da | atinxir | atiorodácea | Atios | Atios
Conxugar
VERBO atinxir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxo
atinxes
atinxe
atinximos
atinxides
atinxen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxía
atinxías
atinxía
atinxiamos
atinxiades
atinxían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxín
atinxiches
atinxiu
atinximos
atinxistes
atinxiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxira
atinxiras
atinxira
atinxiramos
atinxirades
atinxiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxirei
atinxirás
atinxirá
atinxiremos
atinxiredes
atinxirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxiría
atinxirías
atinxiría
atinxiriamos
atinxiriades
atinxirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxa
atinxas
atinxa
atinxamos
atinxades
atinxan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxise
atinxises
atinxise
atinxisemos
atinxisedes
atinxisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxir
atinxires
atinxir
atinxirmos
atinxirdes
atinxiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
atinxe
-
-
atinxide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atinxir
atinxires
atinxir
atinxirmos
atinxirdes
atinxiren
Xerundio atinxindo
Participio atinxido
atinxida
atinxidos
atinxidas