balénido

balénido

(< lat ballaena)

  1. adx

    Relativo a aqueles cetáceos da familia da balea.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da familia dos balénidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprenden diversas especies de baleas. Son animais de grandes dimensións, coas barbas longas e flexibles e as primeiras vértebras cervicais fusionadas, coñecidos coa denominación de baleas verdadeiras. A diferenza dos balenoptéridos, carecen de aleta dorsal e de pregaduras baixo o pescozo. Os xéneros principais son Balaena, Eubalaena e Megaptera.

Palabras veciñas

baleirar | baleiro -ra | Baleirón | balénido | balenoide | balenoptérido | Balenyà