baleiro -ra
(< ár batil)
-
adx
Que non ten contido.
Ex: Sírveme viño, que teño o vaso baleiro.
-
adx
Que non ten xente ou habitantes.
Ex: Os domingos as cidades quedan baleiras. A emigración deixou baleiro o campo.
-
adx
Que carece de interese ou fundamento.
Ex: É unha persoa baleira e superficial. Non podes empregar argumentos tan baleiros para defender o que dis.
-
adx
Que presenta algunha carencia. OBS: Sempre se emprega con complemento.
Ex: Un anaco de bosque baleiro de árbores. Palabras baleiras de significado.
-
adx
Receptáculo ou lugar que non ten o seu espazo ocupado, especialmente polo que está destinado a conter.
Ex: A sala estaba case baleira.
-
adx
f
Aplícase á femia do gando que non está preñada.
Ex: Temos unha vaca preñada e outra baleira.
-
s
m
Sentimento experimentado pola ausencia dunha persoa ou carencia dunha cousa.
Ex: A súa marcha deixou entre nós un enorme baleiro.
-
s
m
Dentro dun sólido, espazo non ocupado pola materia.
Ex: No baleiro da roca había auga doce da chuvia.
-
s
m
Lugar de gran profundidade ou visto desde unha considerable altura onde non se rexistran corpos sólidos.
Ex: Esvarou no cume do monte e caeu ó baleiro.
Confrontacións: abismo. -
s
m
[ANAT]
Rexión bilateral do abdome, situada entre o hipocondrio e a fosa ilíaca.
-
s
m
[CONSTR]
Cada unha das aberturas (portais, xanelas, espacios entre columnas, etc) situadas nun entrepano de parede ou noutra construción.
-
s
m
[FILOS/FÍS]
Espacio desprovisto de materia. Na tradición filosófica occidental a existencia e a natureza do baleiro ou vougo foi un tema de especulación tanto cosmolóxica coma metafísica xa para os pensadores gregos presocráticos. Os pitagóricos e os estoicos admitían o baleiro fóra do mundo, os primeiros como unha materia ambiente asimilable ao aire e os segundos como un ente incorpóreo. Pola contra, Parménides, que identificou o baleiro coa nada, negoulle a existencia, porque a existencia da nada sería contraditoria. Para os atomistas o universo compoñíase de dous principios: os átomos (=materia=ser) e o baleiro (=espacio= nada), que facía posible o movemento dos átomos e explicaba a comprensibilidade dos fluídos e a diferente densidade dos corpos. O principal negador do baleiro foi Aristóteles, para quen non podía haber baleiro fóra do mundo, posto que estaba limitado pola última das esferas, nin no mundo, xa que faría imposible a existencia e a transmisión do movemento (os corpos terían que moverse a unha velocidade infinita e sería posible a acción a distancia). A negación do baleiro converteuse nun dos dogmas básicos da cosmoloxía aristotélica e escolástica, e deu lugar á idea medieval do horror da natureza ao baleiro, co que se explicaban feitos como a ascensión da auga nunha bomba aspirante. A discusión da cosmoloxía aristotélica, iniciada polos seguidores de Occam no s XIV, deu lugar a un renacemento das concepcións atomistas sobre o baleiro, pero toparon en pleno s XVII coa oposición de Descartes, que declaraba imposible a súa existencia. A partir do Renacemento a cuestión presentouse en termos experimentais, co que se converteu nun problema da Física.
-
s
m
[FÍS]
No contexto da Física clásica, concepto límite dun espacio desprovisto totalmente de materia, no que se propagan os campos. A evolución da noción de baleiro progresou paralelamente á evolución das teorías da composición da materia, das interaccións e ao progreso das tecnoloxías para a produción do baleiro. Mentres que Pascal demostrou no s XVII a existencia do baleiro mediante un barómetro, a interpretación excesivamente mecanicista dos fenómenos ondulatorios fixo que no s XIX se considerase erroneamente que as ondas electromagnéticas requirían un medio material para se propagar, o éter, que había de encher todo o espacio, mesmo o espacio ‘baleiro’. O baleiro total (ou nada) é un concepto teórico, non experimentable en ningunha situación física real. O xurdimento da relatividade espacial e da mecánica cuántica fixo que o problema teórico do baleiro se convertese nun dos máis profundos da Física. O baleiro considérase un espazo desprovisto totalmente de partículas reais, ou, máis correctamente, como o estado coa menor enerxía posible. Os principios desta idea remóntanse á teoría de Dirac na que o baleiro era considerado unha chea de electróns de enerxía negativa. Nas teorías cuánticas de campos, as flutuacións do baleiro (flutuacións da súa enerxía compatibles co principio de incertidume), materialízanse na formación de parellas partícula-antipartícula. O baleiro é aínda un problema non totalmente resolto.
-
adx
[HERÁLD]
Dise da peza que ten unha abertura pola que se ve o campo do escudo.
Sinónimos: baleirado. -
s
m
[TECNOL]
Rexión do espacio na que a presión atmosférica foi reducida tanto como foi posible mediante sistemas de bombeo, ou tanto como foi necesario para evitar a influencia da atmosfera sobre os procesos que se levan a cabo no interior do espacio pechado. O primeiro intento de obter o baleiro fíxoo Otto von Guericke, en 1632, ao tentar extraer a auga dun recinto completamente cheo; foi un fracaso. Probou despois cun recipiente cheo de aire, e chegou así á máquina pneumática, posteriormente mellorada por Robert Boyle e Christian Huygens. Para clasificar os graos de baleiro, existen as denominacións seguintes: baleiro baixo (p > 10 2 Pa), baleiro medio (10 -1 Pa < p < 10 2 Pa), baleiro elevado (10 -5 Pa < p < 10 -1 Pa) e ultrabaleiro (p < 10 -5 Pa). Obtense o baleiro mediante bombas de baleiro. Para medir baleiros baixos emprégase o manómetro de Bourdon e columnas de líquidos; para presións de baleiro medio o vacuómetro de McLeod ou o vacuómetro de Pirani, e para os baleiros elevados ou os ultrabaleiros o medidor de ionización. O baleiro ten un papel primordial na condución térmica dos electróns producidos por emisión e nos fenómenos termoquímicos. En enxeñería química, as baixas presións que caracterizan o baleiro favorecen as reaccións de produción de gases ou vapores a partir de substancias non volátiles; isto permite a destilación de metais, de substancias termolábiles, a liofilización e a separación industrial de isótopos. Aplícase tamén o baleiro en procesos metalúrxicos como a afinación e a coada.
-
[CONSTR]
Medición na que non foi deducida a parte correspondente a unha sección de obra non feita porque este espacio queda cheo por algún outro elemento de construción.
-
[MAT]
O que non contén ningún elemento.
-
[TECNOL]
Dise do funcionamento dunha máquina, un motor, un aparello, etc, sen carga.
-
[LING]
Na terminoloxía de Nikolaj Sergejevic Trubeckoj, denominación que reciben os fonemas emparentados cos planos, cos que forman unha oposición equipolente, baseada nunha impresión acústica de vacuidade nas cavidades supraglóticas fronte a unha planicie das mesmas cavidades.
Frases feitas
-
Ter os cascos baleiros. Non ter moito xuízo.
-
Volver de baleiro. Non conseguir ningún obxectivo.