Banco Atlántico

Banco Atlántico

Entidade bancaria constituída en Barcelona en 1901 baixo o nome de Nonell, Rovira i Matas RC; en 1916 cambiou a súa denominación social pola de Nonell Germans RC e no ano 1927 pola de Banca Nonell S A. En 1946 transformouse no Banco Atlántico SA, baixo o control de Joan Claudi Güell i Churruca. En 1961 iniciouse un proceso de forte expansión xeográfica e de depósitos. O Continental Illinois Bank de Chicago, tiña unha participación minoritaria que vendeu a Rumasa (1977). O papel deste holding foi en aumento, pero coa expropiación de Rumasa (1983), todas as accións do banco foron igualmente expropiadas. En 1984 o banco foi poxado e adxudicóuselle a un consorcio árabe-español: Arab Banking Corp (70%), Banco Árabe Español (5%) e Banco Exterior de España (25%).