banco

banco

(< xermánico bank ‘banco’)

  1. s m
    1. Asento estreito e longo, con respaldo ou sen el, xeralmente feito en madeira no que poden sentar varias persoas á vez.

    2. [OFIC/DEP]

      Táboa que vai fixada de banda a banda en certas embarcacións menores destinada ao asento dos remeiros.

    1. s m [OFIC]

      Táboa sólida, de madeira ou metal, xeralmente horizontal, que posúe os dispositivos necesarios para efectuar os diversos traballos de carpinteiro, cerralleiro, axustador, alpargateiro, etc.

    2. s m [TECNOL]

      Estrutura que soporta os diferentes mecanismos de certas máquinas e, por extensión, a propia máquina.

    3. banco de carpinteiro OFIC [OFIC]

      Mesa de traballo dalgúns carpinteiros, formada por un taboleiro de madeira longo e pesado que vai colocado sobre catro pés.

    1. s m [ECON/HIST]

      Táboa que usaban os cambistas (banca).

    2. s m [ECON]

      Institución económica que acepta fondos en préstamo (depósitos, obrigacións, etc) e que, en certos casos, lle facilita fondos a quen desexe un préstamo. Canto maior sexa a diferenza entre os dous compoñentes, máis elevados serán os beneficios resultantes, produto da diferencia entre o tipo de xuro que se cobra e o que se paga. En atención á propiedade do capital, os bancos poden ser privados, públicos ou mixtos. Polo ámbito de acción, clasifícanse en bancos locais, rexionais, nacionais e internacionais. Polas funcións que desempeñan, os bancos pódense clasificar en centrais, comerciais de depósitos, industriais e especializados. O banco central ten como funcións esenciais a emisión de billetes, a actuación como prestamista en última instancia (banqueiro dos bancos), facer de banqueiro e nalgúns casos de caixeiro do goberno, operar como xestor e depositario das reservas de ouro e de divisas, e asumir normalmente a xestión da débeda pública. O banco comercial/de depósitos que, polo xeral é privado, recibe depósitos á vista ou a curto prazo, polos que paga un xuro baixo e sobre os que concede fondos a curto prazo. O banco industrial/de negocios, sobre a base do capital e de reservas, como tamén de bonos de caixa e de depósitos a prazo, concede créditos a medio prazo e, sobre todo, a longo prazo, e en segundo lugar subscribe empréstitos e participacións accionariais en empresas. O banco especializado, con carácter público ou semipúblico, concede créditos a longo prazo e nunhas condicións moi favorables a sectores económicos concretos: os bancos hipotecarios son un caso particular, que centra a súa actividade na concesión de préstamos contra a garantía de bens inmobles (soares, vivendas, locais).

    3. s m [ECON]

      Oficina onde se desenvolven as actividades dunha entidade bancaria.

    4. banco de traballo

      Fórmula de axuda mutua agrícola que consiste en poñer a disposición da comunidade o material e a capacidade de traballo de cada un dos agricultores que se asocia. Cada servizo prestado por un simpatizante dá dereito a un crédito por parte do grupo e cada servizo recibido por un destes simpatizantes inclúe un débito para o propio grupo. A unidade-tipo adoptada é o valor da hora de traballo dun home na zona.

  2. s m [MED]

    Establecemento sanitario destinado á recollida e depósito de órganos e fluídos fisiolóxicos para usos cirúrxicos.

    Ex: O banco de sangue da vila case non ten reservas para este ano.

  3. [PESCA]
    1. s m

      Grupo numeroso de peixes dunha mesma especie que se desprazan xuntos. OBS: Tamén se designa coa expresión banco de peixe. SIN: 2bando, cardume, 2manda, touza.

      Sinónimos: cardume, touza.
    2. banco marisqueiro

       

  4. s m [XEOG]
    1. Elevación do fondo dun río ou do mar, pola acumulación de area, que dificulta a navegación pola pouca distancia que o separa da superficie.

      Confrontacións: arrecife, escollo.
    2. Altiplano constituído por un cúmulo pasivo, en parte convexo, de material organóxino que non é resistente ás ondas, e está orixinado por organismos sésiles.

      Ex: No banco canario-sahariano decretouse un paro biolóxico.

    3. Meseta submarina illada da plataforma continental e rodeado por unha depresión ou gorxa profunda que ocupa a parte media ou externa da plataforma

    4. Masa sedimentaria que forma unha capa horizontal de grande espesor. SIN: estrato.

      Ex: Pensamos que o terreo era duro, pero topamos cun banco de arxila.

      Sinónimos: estrato.
  5. s m [XEOL]
    1. Nunha canteira, veta dun mineral determinado.

    2. Xacemento de mineral que presenta ao descuberto dúas caras: unha vertical e outra horizontal.

  6. s m [ARTE]

    Corpo inferior do retablo dividido en casamentos. Está decorado con pinturas, relevos ou esculturas, relacionados co tema do retablo ou de temática independente. SIN: predela.

  7. banco de cama

    Cada un dos soportes das camas de táboas.

  8. banco de datos [INFORM]

    Conxunto de datos factuais ou numéricos que se almacenan na memoria dun ordenador, que posúe un programa axeitado de aplicación e procura a búsqueda e mais a recuperación da información facilitando a súa actualización. Tamén poden ser consultados a distancia por vía telemática.

  9. banco de dilución [MICROB]

    Serie de tubos de ensaio estériles cunha cantidade coñecida (xeralmente 10 cc) dun líquido apropiado para manter bacterias en suspensión. No primeiro tubo se dilúe un inóculo de bacterias; no segundo, unha pequena cantidade desta suspensión, e así sucesivamente. Mediante este procedemento obteñense as suspensións de dilución coñecida e progresivamente máis grande do inóculo primitivo.

  10. banco de imaxes [INFORM]

    Sistema deseñado para clasificar, indexar e localizar imaxes almacenadas nun soporte informático, que pode estar constituído por unha ou varias aplicacións.

  11. banco de memoria [INFORM]

    Grupo de módulos de memoria aleatoria (RAM) nun ordenador.

  12. banco ministerial [POLÍT]

    Banco onde sentan os membros do goberno (ministros ou conselleiros) nas cámaras que compoñen os parlamentos. Adoita situarse na primeira ringleira de escanos, o máis preto da presidencia e da tribuna dos oradores. Por razóns de protocolo parlamentario, adoitan estar tapizados cunha cor distinta aos demais escanos. Así, no Congreso de los Diputados do Parlamento español, estes escanos son de cor azul. No Parlamento de Galicia, pola contra, non teñen unha tapicería especial.

  13. banco óptico [FÍS/IMAX]

    Dispositivo destinado fundamentalmente a medir o rendemento óptico das lentes e dos obxectivos. Consiste nunha barra graduada e debidamente asentada. Polo xeral é de sección triangular e ao longo dela fanse correr as lentes que se estudian, ademais dunha fonte luminosa e dunha pantalla, co obxectivo de poder examinar a imaxe da fonte luminosa que se forma sobre a pantalla.

  14. banco pisado [BÉL]

    Accesorio de madeira recuberto dun material incombustible, utilizado para protexer as accións dos arietes e das antigas máquinas de guerra nos asedios.

  15. banco portabobinas [TÉXT]

    Balancín que levan as bobinas nos acendedores.

  16. banco portafusos [TÉXT]

    Barra horizontal longa, xeralmente inmóbil, na que van fixados os fusos ou púas nos acendedores e nos continuos.

  17. banco raso

    Banco sen respaldo.

Frases feitas

  • Ir alguén pór os bancos. Aplícase a alguén que chega demasiado cedo a algún lugar.

  • Ser como o pé dun banco. Ser moi avarento.

  • Ser serio como as patas dun banco. Ser moi serio.