Baños de Molgas, ponte

Baños de Molgas, ponte

Situada sobre o río Arnoia na parroquia de Baños de Molgas, é unha ponte medieval con vestixios romanos, de arco lixeiramente rebaixado coa directriz non estritamente circular e coa bóveda abucinada e cimentada en rocha. Na marxe dereita, existen catro desaguadoiros e os paramentos de ambos estribos están executados con cantería pequena e bastante irregular. A súa liña de rasante é alombada. Segundo diversas opinións formaba parte da vía XVIII do Itinerario Antonino.