Bar
Bar
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. A etimoloxía deste topónimo é escura; quizais remita á base prerromana *bar ‘altura’. Documéntase no s XIV: “Rodrigo Ares de Vaar” (doc ano 1389 en E. Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense 888-1554, 1973, p 238).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva como armas: en campo de prata, unha faixa de azul, cargada de cinco árbores ao natural, postas en faixa; bordo de goles, con cinco minguantes de prata.