Barceló

Barceló
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe orixinaria de Francia, establecida en Montpellier, que pasou a Catalunya e ás Illes Balears. Esta caste chegou a Galicia no s XVIII con Luís Antonio Barceló, comandante de mariña que se estableceu en Ferrol. Varios membros desta familia ingresaron nas ordes de San Xoán de Xerusalén e de Carlos III, e entroncaron cos Correa de la Torre, entre outras familias distinguidas. As súas armas levan, en campo de azul, un navío de ouro de dous mastros con cadansúa bandeira e con cadanseu velame, ambos os dous de prata, navegando sobre ondas de azul e prata. Outros semean o campo con estrelas de ouro. Antonio Barceló, engadiu por privilexio na punta do brasón unha cabeza de mouro cortada e atravesada por unha falanxe denuda de prata con gornición de ouro e timbrou o escudo con coroa de marqués.

Palabras veciñas

barcelense | Barcelo | Barcelo | Barceló | Barceló i Artigues, Miquel | Barcelona | Barcelona