2 bardo

2 bardo

(

  1. s m

    Membro da clase sacerdotal que, entre os celtas, se encargaba de celebrar mediante composicións poéticas as fazañas de deuses e heroes, aconsellar os xefes e arengar os soldados antes da batalla. Organizábanse en confrarías xerarquizadas en varios graos e adoitaban acompañarse dunha lira, chamada crouth, coa que interpretaban particulares melodías. Trala conquista romana, os bardos marcharon a Gales, Irlanda, Escocia e á Bretaña francesa. Entre os bardos irlandeses de máis sona figuran Ossian e Fingal. Durante o Romanticismo adquiriron certa popularidade, atribuíndolles un papel decisivo na constitución das epopeas nacionais. Ao longo da obra poética de Eduardo Pondal, a figura do bardo está moi presente; para el é un heroe que exerce a través do seu canto a función de profeta.

    Confrontacións: vate.
  2. Poeta épico e lírico nacional.