2 barrela

2 barrela

(

  1. s f

    Recipiente, normalmente de barro, onde se preparaba a bogada e se lavaba a roupa.

    Ex: Miña nai non agarrou ben a barrela e ó caerlle ó chan escachou.

    Sinónimos: barreleiro.
  2. s f

    Operación de lavar a roupa na barrela nunha mestura de auga quente e cinsa, xabón ou lixivia.

    Ex: As mulleres xuntábanse durante a barrela e conversaban.

    Sinónimos: bogada, coada.
  3. s f [ETN]

    Mestura preparada con auga quente e cinsa, empregada para branquear a roupa.

    Ex: Quentei moito a barrela e o xersei de la encolleume.

    Sinónimos: bogada, coada.