barrento -ta
barrento -ta
(< barro)
-
adx
Que ten ou se forma facilmente barro.
Ex: Choveu tanto que a eira está barrenta. Para chegar á miña casa tiven que atravesar camiños barrentos.
-
adx
Que é unha terra de boa calidade para mesturar con auga e facer barro.
Ex: Aprendín dunha ceramista a distinguir as terras barrentas.
-
adx
Que é un terreo con terra de boa calidade para facer barro.
Ex: Non puidemos plantar millo nesa veiga porque o terreo era barrento.
-
adx
Que ten unha cor semellante ao barro.
Ex: Pintou a cabana de cor barrenta.