baseamento

baseamento

(< base)

  1. s m [ARQUIT]
    1. Conxunto de todas as pezas que están debaixo da columna entre esta e o chan: escocia, pedestal ou peaña, plinto, toro e zócolo.

      Ex: O baseamento dese piar está deteriorado de abondo.

    2. Parte inferior continua dunha construción ou dunha parte dun edificio.

    3. Muro baixo que serve de soporte común a un grupo de columnas.

    4. Soporte dunha arca, dunha escultura, etc.

  2. s m [XEOL]

    Substrato litolóxico.

    Sinónimos: zócolo.